UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
‘Sinerxías’ e no escenario coincidirá a música sinfónica interpretada pola Orquestra Xove de Pontevedra coa personalidade da música e o baile tradicional galego, que procede da Aula Permanente
‘Sinerxías’ e no escenario coincidirá a música sinfónica interpretada pola Orquestra Xove de Pontevedra coa personalidade da música e o baile tradicional galego, que procede da Aula Permanente de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, dirixida polomúsico e gaiteiro Suso Vaamonde, que conta con 46 participantes durante este curso.
Más de sesenta músicos e bailaríns coincidirán no auditorio do Pazo promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra.
A entrada é libre, previa recollida de invitacións que estarán ao dispor do público a partir deste venres 15 nas conserxerías das facultades e escolas universitarias e tamén na Vicerreitoría na Casa das Campás.
O programa iniciarase coa Abertura Tequexetéidere, de Simón Couceiro, para dar paso a unha interpretación conxunta da Marcha do antigo Reino de Galicia, con arranxos de Suso Vaamonde. A continuación será interpretada a Xota e muiñeira de Coruxedo, Case un valse, de Benxamín Otero; e finalmente a Muiñeira do salmón, tamén do compositor Simón Couceiro.
Auditorio do Pazo da Cultura
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.