CONCERTO MULLERES E INSPIRACIÓN DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE PONTEVEDRA
Detalles do Evento
Dentro do ciclo Mulleres Inspiración, do que podedes consultar todo o programa aquí, a Orquestra Sinfónica de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 12
Detalles do Evento
Dentro do ciclo Mulleres Inspiración, do que podedes consultar todo o programa aquí, a Orquestra Sinfónica de Pontevedra, protagonizará o vindeiro 12 de Marzo de 2023 ás 19 h, no Pazo Da Cultura de Pontevedra un concerto moi especial co nome de “Mulleres e Inspiración” baixo a batuta de Renata Oliveira.
Entradas en Ataquilla.com a un prezo xeral de 12€ e reducido de 4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos. De non esgotarse, unha hora antes na billeteira.
Unha proposta de programa que reúne no seu eixo central a posta en valor das mulleres e dos seus oficios relacionados coa música. Dar visibilidade a unha profesión que dende moi antigo sempre foi asumida por unha maioría masculina.
Nel poderemos escoitar as melodías máis significativas de Amy Beach, nena prodixio dende idade moi temperá, sendo a primeira muller norteamericana en compoñer e interpretar unha Sinfonía. E como non, a tres mulleres compositoras e talentosas da nosa época e contorna, como son Sofía Oriana, Carme Rodríguez e Julia Dopico que serán ademais as encargadas de vincular as súas melodías coa nosa ben querida Galiza, nas que unha frauta e unha bandurria serán as protagonistas.
Un conxunto impecable que pretende mostrar a sensibilidade e o nivel creativo de tantas mulleres que quedaron no esquecemento dentro da música clásica, e que se non fora polas circunstancias sociais vividas nas súas épocas, hoxe poderían estar consolidadas como primordiais no repertorio da interpretación musical.
Hora
Localización
Pazo da Cultura
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra