UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Baixo o título A Apañacontos e as historias do nadal, a Banda de Música de Salcedo xunto coa actriz convidada Cristina Collazo, interpretará o seu
Baixo o título A Apañacontos e as historias do nadal, a Banda de Música de Salcedo xunto coa actriz convidada Cristina Collazo, interpretará o seu tradicional concerto de Nadal. Este ano a música da banda irá acompañada da narración de contos e historias de nadal, unha combinación ideal para crear un ambiente de fantasía ideal para vivilo cos máis pequenos e pequenas da casa.
Entrada libre ata completar cabida, más terán activa unharecollida de alimentos xunto con FESBAL, Banco de alimentos de Pontevedra. Os asistentes poderán achegar alimentos non perecedoiros no punto habilitado na entrada do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Auditorio do Pazo da Cultura
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.