UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

CONCERTO SANTA ICÍA - BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

23nov19:0020:30CONCERTO SANTA ICÍA - BANDA DE MÚSICA DE SALCEDOENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA

Detalles do Evento

O espectáculo, previsto para este sábado 23 de novembro, ás 19.00 horas, contará coas actuacións da Banda de Música de Salcedo, a Banda Xuvenil de Salcedo e a Coral Polifónica de Salcedo, todas elas pertencentes ao paraugas da Asociación Cultural San Martiño

A entrada é de balde e conta cun programa con actuacións independentes de cada formación, mais tamén dunha xuntanza espectacular ao final do show A Asociación Músico-Cultural San Martiño vivirá esta fin de semana unha xornada para lembrar.

Até cen interpretes pertencentes a esta agrupación subirán ao escenario do Pazo da Cultura no clásico concerto de Santa Icía, que se celebrará este sábado, 23 de novembro, ás 19 horas. A apertura de portas dará paso as actuacións da Banda de Música de Salcedo, da Banda Xuvenil de Salcedo e da Coral Polifónica de Salcedo; o tridente musical que constitúe a asociación San Martiño e que este ano, desde a súa dirección, prometen ofrecer un espectáculo realmente especial. Dentro das novidades que sinalan, cómpre destacar a evolución experimentada nos últimos pola Coral Polifónica, que pasou de contar con 10 membros logo da crise provocada pola Covid-19 a ter agora case 40 coralistas integrando as súas filas. «Vai haber máis de cen persoas sobre o escenario, xa que a banda está preto dos 60», sinalan. «Vai ser un intre realmente fermoso e potente». Ademais, este ano farase a estrea dunha nova obra a interpretar pola banda de música, composta por un membro e fundador da mesma, Carlos Rodríguez, natural da parroquia pontevedresa, que vén de gañar, este venres, 22 de novembro, o concurso de composición da Federación Galega de Bandas Xuvenís. Leva por título A Viaxe de Teucro.

Hora

23 novembro, 2024 19:00 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura