UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Culturgal - 26 a 28 de novembro

26nov(nov 26)12:0028(nov 28)20:00Culturgal - 26 a 28 de novembroFeira de Industrias Culturais Galegas

Detalles do Evento

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle un ano máis a Feira de Industrias Culturais Galegas, Culturgal, desta volta do 26 ao 28 de novembro. Máis información sobre programación, acceso, etc. na súa web.

Unha edición que ecupera o contacto, o encontro, a conversa presencial e o directo na cultura. Ao redor do contacto e da participación estará o motor da feira 2021. Contacto entre creadores e público, entre profesionais, entre empresas e institucións. Por iso falamos dunha Culturgal coa cultura que toca: unha feira chea de estreas, artistas e autores, alianzas e grandes proxectos para 2022. Non significa isto que tras a edición de 2020 practicamente virtual en canto á recepción do público, o evento renuncie á retransmisión de parte do seu programa. En 2021 contaremos cunha canle única, Culturgal TV, que recollerá unha selección da programación para ser retransmitida

Hora

26 novembro, 2021 12:00 - 28 novembro, 2021 20:00(GMT+01:00)