DANZA PONTEVEDRA - CONFERENCIA “Idadismo e cuestións xeracionais na danza contemporánea galega”.
Detalles do Evento
Palestra con Amparo Martínez Paz e Marcia Vázquez, moderada por Afonso Becerra de Becerrea no Salón de Actos do Pazo da Cultura. Entrada libre.
Detalles do Evento
Palestra con Amparo Martínez Paz e Marcia Vázquez, moderada por Afonso Becerra de Becerrea no Salón de Actos do Pazo da Cultura. Entrada libre.
Na danza, a propia presenza do corpo, o corpo e o seu movemento, incluso na quietude, resulta elocuente, estanos a transmitir e a tocar desde a arte.
A danza contemporánea é aquela que, dalgún xeito, posúe unha maior potencialidade para crear movemento e para absorber e mesturar estilos. Por tanto, fronte, por exemplo, á danza tradicional, ás danzas sociais (bailes de salón, bailes latinos, danzas urbanas tipo Hip-hop ou House, etc.) ou ao ballet clásico, a danza contemporánea pode implicar unha investigación e unha capacidade para ultra pasar os límites incluso do que denominamos danza.
No contexto galego, podemos considerar que a danza contemporánea plena, superando o neoclásico e o ballet, comeza na segunda metade da década dos oitenta. Desde aquela até hoxe, malia ao panorama adverso, temos a sorte de contar con diferentes xeracións de creadoras. Porén cabe preguntarse, quizais, se o escaso “mercado” e a programación dos nosos teatros e auditorios acollen esa diversidade. Cabe preguntarse, quizais, xa nun plano máis artístico e social, se existen diferenzas xeracionais e cales. Cabe preguntarse se hai lugar nos nosos escenarios para bailarinas e bailaríns de idade, que pasen dos 50, dos 60 ou dos 70 anos. E, por aí, entra, quizais tamén, a cuestión do “idadismo” e mesmo da “idadofobia” como elementos para o debate.
Para abordar estes asuntos contamos con dúas coreógrafas e bailarinas: Amparo Martínez Paz (Vigo, 1958), que foi a primeira coreógrafa de Galicia seleccionada para participar no I Certame Coreográfico de Madrid nos anos 80, a cita máis relevante a nivel estatal, e Marcia Vázquez (Vigo, 1994), que debuta en 2021 e que é unha das creadoras galegas dunha das últimas tendencias na danza contemporánea, consistente na hibridación con danzas urbanas de alta exixencia física.
Hora
Localización
Salón Actos do Pazo da Cultura
Alexandre Bóvedra s/n