UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DANZA PONTEVEDRA - CONFERENCIA OXIMÓRICA (PALESTRA) CON JAVIER MARTÍN

12abr19:3020:45DANZA PONTEVEDRA - CONFERENCIA OXIMÓRICA (PALESTRA) CON JAVIER MARTÍNENTRADA LIBRE

Detalles do Evento

Parlamento sobre diferentes investigacións no eido da arte, a ciencia e a filosofía do movemento. Entrada libree.

Texturas, topoloxías, percepción, fluxos, carne e complexidade son algunhas das cuestións que, extraídas da práctica, están relacionadas co performativo, a creación e a memoria. A intención é comunicar diversos mapas físicos e conceptuais sobre o corpo e o movemento. Arguméntanse os contidos postos en xogo co corpo, a palabra e soporte multimedia (fragmentos de películas, danzas de orixe e de vangarda, imaxes anatómicas…).

 «Non hai máis poesía que a acción. » Pasolini

Hora

12 abril, 2023 19:30 - 20:45(GMT+02:00)

Localización

Sala multiusos do Principal