UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DANZA PONTEVEDRA- ESPECTÁCULO 'DEMENTE' DE FRAN SIEIRA

16abr19:0020:30DANZA PONTEVEDRA- ESPECTÁCULO 'DEMENTE' DE FRAN SIEIRAENTRADAS EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

“DeMente”, é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. Conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario diseñado por Carlos Alonso Alonso xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. Aparte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.

En “DeMente” plasmaremos unha realidade,  un estigma,  unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.   A reclusión prácticamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios (“O tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba esperar a morte.”), a explotación da enferma, “os almacéns de carne humana”…

Entradas en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65). Abono para o 3 espectáculos do ciclo, 15€

Hora

16 abril, 2023 19:00 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura