UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Exposición 'Do final e do comezo' - traballos de Grao de alunado de Belas Artes

09xan(xan 9)18:0011feb(feb 11)14:00Exposición 'Do final e do comezo' - traballos de Grao de alunado de Belas Artes

Detalles do Evento

Un ano máis, o Pazo da Cultura, o Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, únense para realizar unha exposición que represente o traballo desenrolado nesta promoción. Unha panorámica das múltiples propostas, investigacións e pensamentos que se formaron no contexto da Facultade. Unha oportunidade para dar visibilidade o traballo realizado nunha mostra que será o final dunha etapa e comezo doutra.

Camiños, pedras, caídas, desvíos, atallos, labirintos, acantilados, voltas, reviravoltas, luz e escuridade.. variantes posibles no acto de camiñar contextualizan e introducen “Do final e do comezo”, proxecto expositivo que representa anos de formación, descubrimentos e transformacións.

Coma se de maxia faláramos, este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camiños. Unha nova xeración de Artistas comezan neste intre, a creación dunha nova folla de ruta. Non escrita, nunca antes transitada, única e dificilmente repetible. Inician o seu propio percorrido, as súas propias eleccións e comezan a construir as súas definicións, xa non só como creadores/as, senón como persoas conscientes do entorno, sociedade e realidade que os rodea.  

Nesta nova edición, falaremos da identidade, individual e colectiva, dende unha absoluta necesidade de volver á raíz das lembranzas, de conectar coa natureza pel con pel, de mudarnos, ollarnos con perspectiva e escoitar con atención un mundo que suplica calma, humildade e respecto.  

“Ver, verse, saber ver, saberse ver, saber cómo ven, saberse ver como nos ven. El acto mismo de ver como ejercicio de lo público, como apertura al mundo, como intercambio con éste. También como un conflicto interior. Un ver que nos penetra en la medida que se pierde en el mundo”.

Citando a un dos docentes que creou este proxecto, Juan Carlos Meana, vos convidamos a experimentar e compartir unha nova conversa dende a Arte contemporánea, agardamos a desfrutedes. 

Horario de apertura da Sala: de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechada

Hora

9 xaneiro, 2024 18:00 - 11 febreiro, 2024 14:00(GMT+01:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra