UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Ao longo do mes de febreiro, cativada e familias podererán gozar dentro dos Domingos do Principal de diferentes propostas escénicas que van desde o clown
Ao longo do mes de febreiro, cativada e familias podererán gozar dentro dos Domingos do Principal de diferentes propostas escénicas que van desde o clown ao teatro de monicreques, pasando pola maxia, o teatro xestual ou a comedia musical. Será da man das compañías Roi Borrallas (Galiza /Cataluña), ÁRTIKA Cía (Galiza), Elefante Elegante (Galiza), La Chana Teatro (Salamanca) que subirán ao escenario do Principal os domingos 2, 9, 16 e 23 de febreiro con pase dobre ás 12h. e ás 18.30h.
Os abonos, de mañá ou tarde, teñen un prezo de 12€+ gastos para as 4 funcións.
As entradas para cada espectáculo, un prezo único de 4€ + gastos por persoa, indepentendemente da súa idade.
Ambos formatos á venda en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.