DOMINGOS DO PRINCIPAL-'ÁS PARA ÁLEX' DE BAOBAB TEATRO (GALIZA)- 12H. E 18.30H.
Detalles do Evento
Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque…, a súa paixón: o
Detalles do Evento
Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque…, a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e como calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e ten moitas preguntas, – porque a min?, por que non podo xogar? Por que, por que e por que?…., está tan encabuxado que deixa de mirar ao seu arredor, até que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.
Teatro de actor e monicreques.
Idade recomendada : a partir de 4 anos e adultos
Duración: 50 minutos
Abonos para todo o ciclo Domingos do Principal e entradas para os pases das 12 e 18.30h. en venda anticipada en Ataquilla.com e de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra