UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - CAMIÑO DE HISTORIAS DE MIGALLAS TEATRO

23out12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - CAMIÑO DE HISTORIAS DE MIGALLAS TEATROPASE MATINAL ÁS 12H. E DE TARDE ÁS 18:30H. ABONOS E ENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

caminho de historias migallas teatro 5

Detalles do Evento

Merca o teu abono matinal ou de tarde para todo o ciclo a un custo de 19€ aquí. Entrada individual para este espectáculo espectáculo aquí. E de non esgotarse en venda anticipada, unha hora antes na billeteira do Principal

“Camiño de historias” é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos países de fala portuguesa que abordan dunha maneira amena e divertida cuestións como a interculturalidade e os dereitos humanos.

En cada unha das historias o público ten que atopar unha palabra, que é a esencia desa historia, e que xunto coas outras dúas, constitúe unha “fórmula” para que as persoas sexan felices.

Tamén se destaca a grande utilidade do galego para facilitar a comunicación con máis de 280 millóns de falantes de portugués de todos os continentes (de Portugal, do Brasil, de Angola, de Mozambique de Timor Leste…)

Cada relato é tratado dun xeito diferente. Así pois, nun prima a palabra, noutro, as imaxes e noutro recupérase a arte das contadoras e contadores ambulantes das feiras de antano.

Hora

(Domingo) 12:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra