UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'CASTELAO' DE CULTURACTIVA (GALICIA)

27out12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'CASTELAO' DE CULTURACTIVA (GALICIA)DOBRE PASE ÁS 12H. E 18.30H. ENTRADAS E ABONOS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba até agora cunha proposta escénica para a infancia.

Castelao de 8 anos está na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á súa partida cara á Arxentina, canda súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que o inmediato da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina.

Teatro de actor. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 6 anos e público adulto

Xa á venda em Ataquilla.com abonos matinais ou de tarde para as 5 funcións a un prezo de 15€ e entradas soltas para cada unha delas a un prezo de 4€. De non esgotarse na venda anticipada, estarán á venda 1h. antes do comezo de cada pase na billeteira do Teatro Principal

Hora

27 outubro, 2024 12:00 - 18:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra