UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - CRIS PEQUEÑA VALIENTE DE EL ESPEJO NEGRO

02out12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - CRIS PEQUEÑA VALIENTE DE EL ESPEJO NEGROPASE MATINAL ÁS 12H. E DE TARDE ÁS 18:30H. ABONOS E ENTRADAS XA A VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Merca o teu abono matinal ou de tarde para todo o ciclo a un custo de 19€ aquí. Entrada individual para este espectáculo espectáculo aquí. E de non esgotarse en venda anticipada, unha hora antes na billeteira do Principal

Espectáculo de títeres recomendado a partir de 6 anos e ata os 106 adicado a todas as persoas transxénero do mundo. Gañador dos premios Max e Fetén ao Mellor espectáculo infantil.

Esta é a historia da pequena CRISTINA, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno. Si, un neno… Ela nunca se sentiu neno. Desde sempre se sentiu nena e así llo fixo saber a seus pais desde moi pequeniña. CRIS, que así lle gusta que a chamen, é unha nena trans, alegre e intelixente, que loita polo seu dereito para ser a persoa que é e sente. Desexa ter un futuro repleto de liberdade e oportunidades, para poder crecer e desenvolverse, como calquera outra nena da súa idade.

Hora

(Domingo) 12:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Other Events