UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'CRISÁLIDA' DE CARAMUXO TEATRO (GALICIA)

17nov12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'CRISÁLIDA' DE CARAMUXO TEATRO (GALICIA)PASE DOBRE ÁS 12H. E 18.30H. ENTRADAS E ABONOS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Crisálida é o espectáculo co que Caramuxo Teatro cumpre 20 anos de traxectoria. Unha historia coa que queren homenaxear as persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias, ademais de poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado.

Historias como as da mercería Crisálida amósannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos. Son parte do noso patrimonio e forman comunidade.

Teatro de máscaras. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 6 anos e público adulto

Xa á venda em Ataquilla.com abonos matinais ou de tarde para as 5 funcións a un prezo de 15€ e entradas soltas para cada unha delas a un prezo de 4€. De non esgotarse na venda anticipada, estarán á venda 1h. antes do comezo de cada pase na billeteira do Teatro Principal

Hora

17 novembro, 2024 12:00 - 18:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra