Domingos do Principal - do11 xaneiro ao 1 de febreiro
Detalles do Evento
Entradas (4€) e abonos (12€) para os 4 espectáculos en Ataquilla.com. Pases ás 12.00h e ás 18.30h. 11/01/2026 – MOLTO BARROCO
Detalles do Evento
Entradas (4€) e abonos (12€) para os 4 espectáculos en Ataquilla.com. Pases ás 12.00h e ás 18.30h.
11/01/2026 – MOLTO BARROCO de Píscore (Galiza)
Molto Barroco é unha reivindicación das composicións musicais barrocas dende o teatro.
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre os tres músicos de cámara, o rei, a súa prometida e, se cadra, futura raíña e o compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun bufón con actitude irreverente.
Espectáculo seleccionado para o certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024.
Comedia musical
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Duración: 70 minutos
18/01/2026 – COA CABEZA NAS NUBES de Söa (Galiza)
Nun mesmo espazo conviven dous personaxes, un deles afogado polo traballo tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis pero as tarefas vánselle acumulando. A compañeira en vez de botarlle unha man interrómpeo constantemente e só pensa en xogar.
E será el quen atopar un tempo para xogaren xuntos?
Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias onde se confrontan dúas visións da vida.
Danza Clown
Duración: 45 minutos.
Idade recomenda a partir de 6 anos
25/01/2026 – BULEBULE de Os Náufragos (Galiza)
Candela é unha rapaza que ten trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e chámanlle Bulebule. A ela encántalle o mar e soña con ser a patroa dun barco que ela mesma quere construír. Tamén lle gusta moito pasar tempo co seu amigo Bruno que vive nun faro e que sente verdadeira paixón por compoñer música.
Bulebule é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Teatro
Duración 45 minutos
Idade recomendada partir de 4 anos.
01/02/2026 – Camino a la escuela de Campi Qui Pugui (Catalunya)
Tres irmás, un camiño e un obxectivo: ter o futuro nas súas mans.
A extraordinaria historia de tres irmás que se enfrontan diariamente a obstáculos e adversidades para chegar á escola. Tres nenas que viven nun país calquera, que non falan un idioma concreto pero que en realidade falan todos os idiomas.
Un espectáculo suxestivo, visual e sen texto que se inspira na historia real de nenas e nenos de todo o mundo. Persoíñas autónomas e capaces que comparten as ganas de aprender e cambiar o seu mundo.
Nominado aos Premios Max 2021
Premios da Crítica de Cataluña de 2020 ao Mellor Espectáculo Familiar
Premio FETEN Mellor Posta en Escena 2021
Teatro sen texto.
Duración 55 minutos.
Idade recomendada partir de 5 anos.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra