UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'EN UN RINCÓN DEL MUNDO' DE LA SAL TEATRO (ANDALUCÍA)

20out12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'EN UN RINCÓN DEL MUNDO' DE LA SAL TEATRO (ANDALUCÍA)DOBRE PASE ÁS 12H E 18.30H. ENTRADAS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

A aldea respiraba inqueda, mais Manuel , Claudia e Laura non se deron conta. Até que un día todo virou. A xente berraba e corría sen saber como nin por que. Os tres correron tamén, co medo no corpo, sen mirar atrás, até o máis fondo do bosque. Que foi? Volvemos ou é mellor agardar? Estarán ben? Virán buscarnos? E se non veñen, será porque non nos queren?

En un rincón del mundo é un conto intemporal, unha invención sen heroes nin heroínas. É unha historia irreal, chea de palabras, acción e pensamentos reais.

Nominado ao Premio LORCA das Artes Escénicas de Andalucía 2024

Teatro de actor. Duración: 60 minutos, Recomendado a partir de 7 anos e público adulto

Xa á venda en Ataquilla.com abonos matinais ou de tarde para as 5 funcións a un prezo de 15€ e entradas soltas para cada unha delas a un prezo de 4€. De non esgotarse na venda anticipada, estarán á venda 1h. antes do comezo de cada pase na billeteira do Teatro Principal

Hora

20 outubro, 2024 12:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra