UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'ESTACIÓN PARAÍSO' DE LA MAQUINÉ (ANDALUCÍA)

03nov12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'ESTACIÓN PARAÍSO' DE LA MAQUINÉ (ANDALUCÍA)PASE DOBRE ÁS 12H. E 18.30H. ENTRADAS E ABONOS XA Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Nunha estación de tren unha vella monicrequeira agarda pero non sabe por que está alí. Os seus monicreques dentro dunha maleta serán a súa única pista para pescudar quen vén sendo e cal é o seu destino. Esta é a historia de amor dunha vella que desafía con valentía, humor e tenrura os límites da súa memoria para reunirse co amor da súa vida.

Premio LORCA 2023: Mellor espectáculo para a infancia e familiar.

Premio do público na 25º Feria de Teatro de Castilla y León 2022

Premio FETÉN 2023, mellor interpretación feminina para Elisa Ramos

Dobre premio Titirijai Tolosa 2023, espectáculo infantil e adulto

Dúas candidaturas aos Premios MAX 2023

Teatro xestual, monicreques, maxia e música. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 6 anos e público adulto

Xa á venda em Ataquilla.com abonos matinais ou de tarde para as 5 funcións a un prezo de 15€ e entradas soltas para cada unha delas a un prezo de 4€. De non esgotarse na venda anticipada, estarán á venda 1h. antes do comezo de cada pase na billeteira do Teatro Principal

Hora

3 novembro, 2024 12:00 - 18:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra