UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'KIOKI' DE ELEFANTE ELEGANTE

16feb12:0018:30DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'KIOKI' DE ELEFANTE ELEGANTEPASE ÁS 12H. E 18.30H. ENTRADAS E ABONOS Á VENDA EN ATAQUILLA.COM A PARTIR DAS 12H. DO 26 DE XANEIRO

Detalles do Evento

KYOKI aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.

KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas, como as propias coidadoras.

A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

Teatro xestual, monicreques, maxia e música. Duración:45 minutos

Recomendado a partir de 6 anos e público adulto

Entradas (4€) e abonos para todo o ciclo (12€) á venda en Ataquilla.com a partir do sábado 26 de xaneiro ás 12h. De non esgotarse, as entradas estarán tamén á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal

Hora

16 febreiro, 2025 12:00 - 18:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Other Events