DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'PUM, PUM. QUEN HAI?' de ÁRTIKA Cía
Detalles do Evento
Descobre a maxia dunha aldea galega onde cada día é un xogo. Pum! Pum! Quen hai? É unha comedia musical que nos introduce na vida
Detalles do Evento
Descobre a maxia dunha aldea galega onde cada día é un xogo. Pum! Pum! Quen hai? É unha comedia musical que nos introduce na vida de Gaia, unha nena espelida que nos guía a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto a personaxes tan carismáticos como tía Maruxa e don Rosmón, Gaia desafía os segredos das portas veciñas, enredando a todos nunha aventura de risas e revelacións.
Cando aparecen novos e misteriosos veciños, o pobo enfróntase aos seus medos cunha serie de equívocos cómicos que nos lembran a importancia da aceptación e a diversidade.
Comedia musical. Duración: 45 minutos
Recomendado a partir de 4 anos
Entradas (4€) e abonos para todo o ciclo (12€) á venda en Ataquilla.com a partir do sábado 26 de xaneiro ás 12h. De non esgotarse, as entradas estarán tamén á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal
Hora
9 febreiro, 2025 12:00 - 18:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra