DOMINGOS DO PRINCIPAL - 'SOLO' DE ROI BORRALLAS
Detalles do Evento
Un pallaso ten que estar no palco, co seu público. Mais, que acontece cando queda só? É no camarín onde se mesturan persoa e personaxe.
Detalles do Evento
Un pallaso ten que estar no palco, co seu público. Mais, que acontece cando queda só? É no camarín onde se mesturan persoa e personaxe. Onde se desfigura a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real.
É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a traseira deste artista, as súas ideas e tolemias, o que ninguén ve, un pallaso cando ninguén o observa.
• Premio Fetén 2023 ao Mellor Intérprete
• Premio Zirkolika 2022 ao Mellor Espectáculo De Pallasos
• Premio da Crítica ao Mellor Espectáculo Nacional de Circo 2024
• Premio da Crítica seleccionado para Mellor Espectáculo Familia 2024
Clown. Duración: 45 minutos
Recomendado a partir de 8 anos e público adulto
Entradas (4€) e abonos para todo o ciclo (12€) á venda en Ataquilla.com a partir do sábado 26 de xaneiro ás 12h. De non esgotarse, as entradas estarán tamén á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal
Hora
2 febreiro, 2025 12:00 - 18:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra