UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Emigrantas - Coprodución do Centro Coreográfico Galego

28mai20:30Emigrantas - Coprodución do Centro Coreográfico GalegoEntradas á venda en Ataquilla.com.

Detalles do Evento

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria. A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes.

Un grupo de mulleres crearon Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.

Entradas á venda anticipadamente en Ataquilla.com a partir de 4€+ gastos e unha hora antes na billeteira do Pazo da Cultura.

Hora

28 maio, 2022 20:30(GMT+02:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra