UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

En demasía de Joaquín Pajarón no Pazo da Cultura

12feb21:00En demasía de Joaquín Pajarón no Pazo da Cultura

Detalles do Evento

O humorista estreou hai pouco máis dun ano o seu espectáculo “En demasía”, un monólogo que levaba ao teatro os vídeos que colga nas súas redes sociais e que rapidamente se viralizan. Tras o parón por mor da pandemia, Pajarón volveu o pasado nadal coa versión 2.0 do espectáculo esgotando rapidamente as entradas nos tres teatros máis grandes do seu Asturias natal.

“En demasía” é un monólogo no que Joaquín Pajarón fala de situacións cotiás coas que moita xente vese reflectida. Temas como a chegada do home á lúa, o pantalón “ tobillero”, as etiquetas da roupa, a cea de nadal ou as vacacións, un show no que inevitablemente non pode omitir a situación actual en pandemia, en definitiva… unha hora e media de risas en demasía.

Entradas á venda en Ataquilla.com a partir de 18€+ gastos e de non esgotarse, unha hora antes na propia billeteira do Pazo.

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra