UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Estrea video-clip de Eagles of Death Metal

21set19:0020:00Estrea video-clip de Eagles of Death MetalENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CABIDA

Detalles do Evento

Da man de Producciones Mutantes, estrea dos videoclips de Eagles of Death Metal. God of thunder e It’s so easy son as cancións ás que a empresa pontevedresa lles puxo imaxe, todo aderezado cunha historia común entre ambos os dous videoclips e cun tratamento de western- especial, se ben rodado en Pontevedra.

A festa-presentación contará coa presencia da actriz María Roja e do propio Hughes, que conectará en directo desde Estados Unidos vía telemática. A xuntanza continuará no Diaño Bar, na rúa Chariño.

Hora

21 setembro, 2023 19:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra