UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Exposición 'Queridas cousas: historias vestidas'

09dec(dec 9)20:0030xan(xan 30)14:00Exposición 'Queridas cousas: historias vestidas'do 8 de decembro ao 30 de xaneiro (excepto luns e días sinalados)

Detalles do Evento

Exposición sobre moda con proxectos de novos deseñadores formados en Pontevedra. A mostra acolle traballos desenvolvimos como parte da súa formación, con marcado carácter experimental e narrativo. Creacións que contan historias a través das prendas: a selección de tecidos, as siluetas e os estampados conforman un relato a través dos significados que gardan. 

Na mostra pódense ver os proxectos recentemente premiados na última edición de Debut: Noemí Montenegro, premio SETGA ao deseño e a creatividade; Sabela Juncal, premio Digipress Epson á mellor aplicación en moda de técnicas de sublimación; Bibi Martín, premio Artesanía de Galicia – Xunta de Galicia á colección con valor artesanal.

Cinco dos 16 deseñadores participantes na mostra están cursando na actualidade o Mestrado Universitario en Diseño e Dirección Creativa en Moda. Os outros remataron recentemente os estudos e son os traballos fin de master e os traballos final de estudos do título propio de Esdemga os que presentan no Pazo da Cultura

A inuguración terá lugar o xoves 9 ás 20h e permanecerá visitable ata o 30 de xaneiro de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a º4h. e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Os luns e os días 24,25, e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, a Sala permanecerá pechada.

Hora

Decembro 9 (Xoves) 20:00 - Xaneiro 30 (Domingo) 14:00(GMT+01:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Other Events