UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

EXPOSICIÓN 'DO FINAL E DO COMEZO 2022' - DE ALUMNADO DE BELAS ARTES

08setTodo o Día30outEXPOSICIÓN 'DO FINAL E DO COMEZO 2022' - DE ALUMNADO DE BELAS ARTESVISITAS GUIADAS SEN RESERVA TÓDOLOS VENRES ÁS 18H.

Detalles do Evento

Visitas guiadas coa equipa do proxecto e artistas: os venres16, 23 e 30 de setembro e 7, 14 e 21 de outubro ás 18:00h. Non é preciso reservar praza.

Aberta ao público para visita libre ata o 30 de outubro no horario habitual de apertura da Sala: martes a venres de 18.00 a 21.00 h. sábados de 12.00 a 14.00 h. e de 18.00 a 21.00 h., domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h. Luns, pechada.

Do final e do comezo, é o resultado dun longo proceso de investigación e creación, xermolado e
construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Froito dunha procura non sempre sinxela, e
da necesidade de amosa nun proxecto final, os intereses e as inquedanzas, as poéticas e as
realidades, as experiencias e os aprendizaxes, os erros e os acertos, de toda unha promoción (26 alumnos/as), a través dos Traballos Fin de Grado.
Unha exposición que ten como obxectivo plasmar o escenario artístico do alumnado, a partir dunha
selección dos proxectos realizados para esta etapa, que poñen fin a catro anos intensos de traballo,
e que dá comezo a novos camiños. A mostra aproxímanos ás cuestións abordadas polo alumnado,
nas que son unha constante: a memoria individual e colectiva, o paso do tempo, a identidade, a
paisaxe intervida, o azar, o cotiá, a representación, etc. Recorrendo a múltiples e diversos medios
como a escultura, a cerámica, o vídeo, a pintura, a fotografía, a performance, a instalación…
Como novidade, este ano hónranos poder contar con dúas pezas cedidas pola Facultade de Belas
Artes, da artista e docente Berta Cáccamo, que abrazan e fan de engranaxe o especial interese de
deternos e amosar o proceso creativo, os métodos artísticos e materiais utilizados, concentrados e
amosados o final da sala a modo de arquivo.

Hora

Setembro 8 (Xoves) - Outubro 30 (Domingo)(GMT+02:00)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Other Events