UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

FESTIVAL DAS NÚBEBES. ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA - 5,6,12 E 13 DE OUTUBRO NO PRINCIPAL E CASA DAS CAMPÁS

05out(out 5)12:3013(out 13)18:15FESTIVAL DAS NÚBEBES. ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA - 5,6,12 E 13 DE OUTUBRO NO PRINCIPAL E CASA DAS CAMPÁSDías 5,6,12 e 13 de outubro. Entradas xa á venda en Ataquilla.com

Detalles do Evento

O festival de artes escénica para bebés e familia festexa o seu 10º aniversario os días 5,6,12 e 13 de outubro no Teatro Principal, a súa Sala de Usos Múltiples do 1º andar e a Casa das Campás.

Entre a programación, seleccionada por Baobab Teatro, cabe destacar a estrea dun espectáculo de ópera da man de Bonnie Cooper ou a despedida dos escenarios de Pavís Pavós

A venda anticipada de entradas a un prezo de 3€ + gastos está xa activa en Ataquilla.com. A taquilla física abrirá unha hora antes de cada pase de non esgotarse as entradas previamente

A inauguración e a guerra da almofadas, de balde, requiren tamén para control do aforo, a retirada de convites unha hora antes do evento na billeteira, ata un máximo de 4 por persoa

Hora

5 outubro, 2024 12:30 - 13 outubro, 2024 18:15(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal e Casa das Campás (Consultar cada actividade)