UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Gala da Memoria

05nov20:30Gala da Memoriada Deputación de Pontevedra

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra, a través do Departamento de Memoria Histórica, festexa o 5 de novembro a Gala da Memoria en homenaxe a todas as persoas asasinadas e represaliadas durante a ditadura e a represión franquista. Será un espectáculo musical e audiovisual no que se producirán de maneira única colaboracións entre artistas como Uxía, Sheila Patricia, Su Garrido Pombo, Eladio Santos, Pedro Pastor, Woyza, Lois Pérez e García MC, presentarao Aldaolado e contará cun traballo de videocreación de Juanma Lodo.

A asistencia á gala é totalmente de balde, cómpre inscribirse no formulario habilitado na súa web.

Hora

5 novembro, 2021 20:30(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra