UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

 ‘Guerrilla. Cultura para a transformación social’

01dec18:0004(dec 4)19:00 ‘Guerrilla. Cultura para a transformación social’do 1 ao 4 de decembro no Teatro Principal. Entradas para os eventos de pago das noites en Ataquilla.com a partir de 4€. Resto de eventos, entrada libre.

Detalles do Evento

Descarga aquí o programa completo.

As entradas para os espectáculos – xa que os faladoiros e proxeccións son de balde – están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ + gastos (4€ + gastos para estudantes, desempregados/as e maiores de 65 anos). Tamén existe un formato abono para asistir aos 4 espectáculos por 28€ + gastos.

PROGRAMA:
Xoves 1 de decembro
FALADOIRO:
A resistencia galega na educación con Pilar Allegue e Xosé Manuel Cid
Dinamiza Vero Rilo
Ás 18.00 h na Sala de Conferencias do Teatro
ESPECTÁCULO TEATRAL:
As Alumnas
Ás 21.00 h no Teatro Principal
Venres 2 de decembro
FALADOIRO:
A represión musical no franquismo con Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”,
Fernando Fernández Rego e Luís Pastor
Modera: Susana Regueira
Ás 18.00 h na Sala de Conferencias do Teatro
CONCERTO:
Luís Pastor “Grándola de mi querer”
Ás 21.00 h no Teatro Principal
Sábado 3 de decembro
PROXECCIÓN DOCUMENTAL:
“Un viaje hacia nosotros” de Pepe Viyuela
Ás 17.00 h na Sala Principal do Teatro Principal
REPRESENTACIÓN TEATRAL:
“Encerrona” de Pepe Viyuela
Ás 21.00 h no Teatro Principal
Domingo 4 de decembro
FALADOIRO:
O Sáhara libre con Maite Isla de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps);
Montse Prado, parlamentaria do grupo de Paz e Solidariedade polo Sáhara
Modera Khadyetu Ahmedu, Presidenta da Asociación Galega de Mulleres Saharauís
Dinamiza Carmen Novas do Fondo Galego de Cooperación
Ás 17.00 h na Sala de Conferencias do Teatro
GALA POLO SÁHARA DE PALLASOS EN REBELDÍA
Presenta Andrea Bayer de Baobab Teatro
Interveñen: Uxía Senlle, Yslem Hijo del Desierto, Dakidarría (formato íntimo),
Isabel Risco e o colectivo AB.iO
Ás 19.00 h no Teatro Principal

Hora

1 (Xoves) 18:00 - 4 (Domingo) 19:00(GMT+01:00)