JAZZ NO PRICIPAL - CARMEN REY & SPJ Group
29abr21:0022:15JAZZ NO PRICIPAL - CARMEN REY & SPJ GroupENTRAS A UN PREZO DE 3€ EN ATAQUILLA.COM
Detalles do Evento
Entradas a un prezo de 3 en venda anticipada en Ataquilla.com e unha hora antes do evento, de non esgotarse, na
Detalles do Evento
Entradas a un prezo de 3 en venda anticipada en Ataquilla.com e unha hora antes do evento, de non esgotarse, na billeteira do Teatro Principal.
Carmen Rey estudou piano no Conservatorio Superior da Coruña; harmonía moderna, piano e improvisación en Estudo Escola (Santiago de Compostela) e técnica vocal e improvisación en Escola de Música Creativa de Madrid bolseira pola AIE.
Cursou dous niveis de Voice Craft, así como diferentes talleres de técnica vocal, estilismo vocal e improvisación.
Empezou a súa carreira como vocalista de jazz da man de Nani García. Compartiu escenario con grandes músicos como Roberto Somoza, Baldo Martínez, Kenny Wheeler, Tom Gullion, Jeff Jerolamon, Richie Ferrer, Perico Sambeat, Jorge Pardo, Brian Trainor, Pablo Añón, Clunia Jazz, Marcos Pin, Kin García, etc.
Na escena musical galega colabora varios anos nos directos de Xosé Manuel Budiño ,nos directos de Emilio Cao e como vocalista de “Adrián Saavedra Band” e “José Somoza Big Band”. Grava un dúo “Preciso tempo” no primeiro traballo de Xabier Díaz «Músicas de Salitre” e tamén un tema “Non Mar” do disco infantil «Tic-Tac» de Pablo Díaz, xunto a este artista grava tamén como pianista e vocalista o disco “xente miúda moita fartura”. Grava a dúo con Ainhoa Arteta o tema principal do filme “DeProfundis” de Miguelanxo Prado, a banda sonora foi composta por Nani García. E ten editado un vinilo con DJ Ino “Spread your love”, sendo coautora da composición. Tamén grava un dúo no primeiro traballo discográfico de Verónica Ferreiro cuxa canción foi composta por Carmen Rey titulada “Non quero crer” e outro no primeiro traballo discográfico de Ángeles Dorrio “Lala&Tom”.
Participa como convidada ou colaboradora en varios programas da TVG relacionados coa música.
No ano 2002, gravou o seu primeiro disco “FUERA” con Xingra.com contando con Nani García como produtor musical. No ano 2005, asumindo a dirección musical, saca o seu segundo álbum «MEU», que chega á rúa no ano 2008 . En decembro do 2016, e coa mesma formación grava o seu último traballo …mañá… co que gaña o Premio da Música Martín Códax no 2019.
Actualmente lidera diversos proxectos, o seu propio “Carmen Rey” onde desarolla a súa propia música; un coro vocal «Sisters in the house» como directora e arreglista, composto por 20 voces femininas; o trío «Gospel 3»; e un cuarteto vocal feminino chamado «Ejazz» tamén a cargo da dirección e arranxos co que gañou o Premio da Música Martín Códax no ano 2017 e 2019. Tamén
forma parte, como teclista, do grupo de Neosoul liderado por Angeles Dorrio co que gravou o seu último EP ¨Selegna”.
Combina toda esta actividade coa súa faceta de profesora de canto, improvisación e linguaxe musical que leva desenvolvendo dende fai máis de 25 anos.
Carmen Rey: voz
Oscar Presa: trombón
Alberto Rodríguez: saxo alto
Javier Abraldes: guitarra
Daniel Corral: piano
Joao Fontenla: baixo eléctrico
David Jacome: batería
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra