JAZZ NO PRINCIPAL - JOAN TEROL & SPJ-Group
Detalles do Evento
Joan Terol: batería Alberto Rodriguez: saxo tenor Javier Abraldes: guitarra Daniel Corral: piano Paco Charlín: contrabaixo
Detalles do Evento
Joan Terol: batería
Alberto Rodriguez: saxo tenor
Javier Abraldes: guitarra
Daniel Corral: piano
Paco Charlín: contrabaixo
Joan Terol comeza a tocar a batería aos 14 anos co profesor *Àngel Hernàndez na Escola de Música Xilòfon de Reus. Máis adiante trasládase a Barcelona para estudar en L’Aula de Música Moderna i Jazz con Quim Solé e, posteriormente, na ESMUC lo con Jo Krause, Joan Monné eFrancesc Capella, onde obtén o título de batería de jazz en 2010. Un ano despois decide trasladarse á capital dos Países Baixos para estudar un máster de interpretación no Conservatorium van Amsterdam, cidade onde desenvolveu gran parte da súa carreira profesional como intérprete. A principios de 2020 trasládase a vivir a Berlín.
Ao longo da súa carreira gravou uns cincuenta discos e tocou nalgúns dos clubs e festivais de jazz internacionais máis importantes con músicos recoñecidos como Benny Golson, Le Konitz, Jorge Rossy, Jesse Davis, Maria Schneider, Jesse van Ruller, Joe Magnarelli, Grant Stewart, Ben van Gelder, Reinier Baas, Joris Roelofs, Dena DeRose, Carla Cook e Aruán Ortiz, entre outros. Durante os anos de formación asistiu a varias clases maxistrais, de entre as cales destacan as de Elvin Jones, Branford Marsalis, Bobby McFerrin, Greg Hutchinson, Bill Stewart, Brad Mehldau, Mulgrew Miller e Peter Erskine.
Foi premiado con diferentes formacións en Dutch Jazz Competition, Keep An Eye International Jazz Award, The Rercords Award, Getxo Jazz Competition, Premios Enderrock e Premios AMJM.
Como docente, deu clases de batería na aula de Música Moderna e Jazz de Reus, na Music For Life de Ámsterdam e na Greifmusic de Berlín, ademais de impartir numerosas masterclass e talleres no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, nos Talleres Musicais de Aviñón e na Associazione Musicale Francesco Manzato de Treviso, entre outros.
Actualmente, tamén é profesor no Conservatorio de Música de Reus
Entradas xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3€ e de non esgotarse, unha hora antes de cada espectáculo na billeteira do Principal.
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra