UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

JAZZ NO PRINCIPAL - TOMÁS MERLO & SPJ-Group (Tributo a Jaco Pastorius)

05abr21:0022:30JAZZ NO PRINCIPAL - TOMÁS MERLO & SPJ-Group (Tributo a Jaco Pastorius)ENTRADAS Á VENDA EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Tomás Merlo: baixo eléctrico
Luis Felipe Fernández: saxo alto
Javier Abraldes: guitarra
Mateo Sestelo: piano
David Taboada: batería

Tomás Merlo: Baixista, stickista, arranxista e compositor nado en Palma de Mallorca en 1980. É un experimentado e reputado músico de proxección nternacional que actuou e xirou por todo o mundo xunto a grandes artistas como Joan Manuel Serrat, Michael Brecker, Jerry González, Concha Buika, Federico Lechner, Rez Abassy e un longo etc. Gravou discos con Patax, Vanesa Martín, Israel Sandoval, Hugo Fernández, Nacho Aldeguer, The Tribulettes, Retro Band Systems, Iñaki Arakistain etc…
Tamén gravou o seu propio disco en solitario en 2013 co seu proxecto Tomás Merlo & The Freepunk Ensemble “Vendeta” baixo o selo “Youkali Music”. En xaneiro de 2021 editou o seu segundo traballo discográfico titulado “Crise” publicado polo selo Youkali Music no que Tomás fai gala do Chapman Stick e acompáñanlle
músicos de proxección internacional. Foi membro de varios musicais, dúas producións de Antonio Banderas, A Chorus Line e Company así como baixista titular durante dúas tempadas da produción de Disney “Aladdin”
Actualmente é profesor do Centro Superior Música Creativa e irixe dous proxectos dedicados á música do baixista Jaco Pastorius. A Jaco Pastorius Tribute Big Band e o Jaco Pastorius Legacy 5tet cos cales estará a xirar en 2025.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3€ e de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira.

Hora

5 abril, 2025 21:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra