UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

KEVIN JOHANSEN + LINIERS

28mai21:0022:30KEVIN JOHANSEN + LINIERSENTRADAS EN ATAQUILLA.COM

Detalles do Evento

Kevin Johansen e Liniers aterran en Galicia co seu inconfundible espectáculo de música e ilustración ao vivo. Unha cita imperdible que marca a fin da súa xira europea, que comezou no 2023, e que, tras máis de 100 concertos, pon o broche de ouro a 16 anos de complicidade artística sobre o escenario.

Arte, música, amizade e humor intelixente conflúen nun show único. Kevin Johansen ofrece un percorrido polas cancións máis recoñecidas da súa discografía, mentres que o debuxante Liniers improvisa, ilustra e recrea debuxos en tempo real proxectados sobre o escenario. Un concerto ilustrado que envolve ao público nunha experiencia sensorial extraordinaria.

Entre os últimos grandes fitos deste percorrido destacan o lanzamento do álbum en directo no 2025, “Desde que te Madrid” (Sony Music) e a publicación do libro “Es nuestra forma de comunicarnos” (Editorial Común)

Merca as túas entradas en Ataquilla.com

Hora

28 maio, 2026 21:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura