UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Abbas Kiarostami, 1992, Irán, 125 min., VOSE. Lingua: persa Despois do terremoto de 1990, Kiarostami regresou á vila de Koker onde uns
Abbas Kiarostami, 1992, Irán, 125 min., VOSE. Lingua: persa
Despois do terremoto de 1990, Kiarostami regresou á vila de Koker onde uns anos antes gravara Onde está a casa do meu amigo? Combinando ficción e realidade nunha road movie lúdica e conmovedora, o filme segue ao suposto director de Onde está a casa…? (alter ego do propio Kiarostami) para descubrir se a estrela do seu filme está entre os superviventes. Alí atopa unha comunidade resiliente que se enfronta á traxedia mentres o axuda na súa viaxe.
O filme competiu na sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 1992, onde obtivo unha magnífica acollida por parte da crítica, así como o honorífico Premio Rossellini
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.