UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

LUNS DE FILMOTECA - EN COLABORACIÓN COA FILMOTECA DE GALICIA

13nov20:3022:00LUNS DE FILMOTECA - EN COLABORACIÓN COA FILMOTECA DE GALICIAENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR CABIDA

Detalles do Evento

A REVOLUCIÓN (É) PROBABLE
María Ruido, Lee Douglas e Paula Barreiro, 2022, España, 30′, VOSE
Lingua orixinal: español, portugués


Construído a partir dos traballos cinematográficos máis importantes que deu a revolución portuguesa e con materiais de arquivo televisivo e das cooperativas cinematográficas xurdidas á calor do proceso, a peza reflexiona sobre a forza política destas imaxes, sobre o legado que nos deixan e sobre o papel dos arquivos, o cinema, os medios de comunicación e a representación en xeral nas nosas loitas contemporáneas.


O OLLO IMPERATIVO
María Ruido, 2015, España, 63′, VOSE
Lingua orixinal: inglés


Construído con textos reescritos de Frantz Fanon e Aimé Césaire, este ensaio visual sobre o (neo)colonialismo español en Marrocos reflexiona transversalmente sobre o papel que o réxime da visualidade adquire dentro dos procesos (neo)coloniais, entendidos non só como formas de explotación político-económica senón como un pensamento abismal que domina o sistema-mundo.

Hora

13 novembro, 2023 20:30 - 22:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra