UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Abbas Kiarostami, 1987, Irán, 83 min., VOSE. Lingua: persa Na escola da vila de Koker, ao norte de Irán, Mohamed non fixo
Abbas Kiarostami, 1987, Irán, 83 min., VOSE. Lingua: persa
Na escola da vila de Koker, ao norte de Irán, Mohamed non fixo os exercicios no caderno e o profesor ameázao con expulsalo da escola se volve repetir a mesma falla. Esa mesma tarde, o seu compañeiro Ahmed toma por equivocación o caderno de Mohamed. Cando se decata, decide ir buscar a casa do seu amigo para devolverllo.
«Enganosamente simple e absolutamente profundo» (James Kendrick), o filme é con certeza unha das obras mestras do autor. Con el gañou o Premio Fipresci e o Leopardo de Bronce en Locarno no 1989, e con el inaugura a que se coñecerá como triloxía de Koker.
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.