UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Maika Makovski nas Matinés do Principal

04dec12:30Maika Makovski nas Matinés do Principal12.30h. no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Detalles do Evento

Maika Makovski non é unha artista predicible. O seu talento musical, a multitude de influencias que atesoura, e a urxencia do seu espírito, en constante procura, fan dela un nome verdadeiramente único na música actual. Desde o despegamento da súa carreira con apenas 20 anos, mantívose fiel ás súas raíces e á vez perseverou de maneira incansable na procura do seu carácter propio, como demostra o seu último traballo, ‘MKMK’, que viu a luz o pasado 28 de maio; un disco luminoso e ruidoso, de texturas, nado para sorprender e axitar ao oínte. Moitas cousas dixéronse xa acerca de Maika Makovski, e moitas máis se dirán. Máis vidas que un gato,  Maika é música, actriz, artista visual e compositora.

Entradas á venda en Ataquilla.com a partir de 16€+ gastos e de non esgotarse, dúas horas antes do evento na billeteira do Auditorio do Pazo da Cultura. Tamén están dispoñibles os abonos para asistir aos dous concertos do ciclo aquí.

Hora

4 decembro, 2021 12:30(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra