UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MARTES DE CINECLUBE - LAZZARO FELICE

24out20:3022:35MARTES DE CINECLUBE - LAZZARO FELICEASÓCIATE AO CINECLUBE PONTEVEDRA E GOZA DA SÚA PROGRAMACIÓN

Detalles do Evento

LAZZARO FELICE
Alice Rohrwacher, 2018, Italia, 125 min., VOSE
Lingua: italiano


Lazzaro, un rapaz labrego de excepcional bondade, vive en La Inviolata, unha aldea que ficou afastada do mundo e é controlada pola Marquesa Alfonsina de Luna. Alí, a vida dos campesiños non mudou nada: son explotados e, á súa vez, abusan da bondade de Lazzaro. Un verán, faise amigo de Tancredi, o fillo da Marquesa. Entre eles xorde unha amizade tan preciosa que fará viaxar a Lazzaro a través do tempo.

Mellor Guión ex-aequo en Cannes 2018
Premio Especial do Xurado e do Xurado Mozo en Sitges 2018

Hora

24 outubro, 2023 20:30 - 22:35(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra