UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MARTES DE CINECLUBE - L'ENVOL

10out20:3022:10MARTES DE CINECLUBE - L'ENVOLASÓCIATE AO CINECLUBE PONTEVEDRA E GOZA DA SÚA PROGRAMACIÓN

Detalles do Evento

L’ENVOL
Pietro Marcello, 2022, Francia, 100 min., VOSE
Lingua: francés


Juliette medra soa co seu pai Raphaël nalgún lugar do norte de Francia. Alí son marxinados polo resto da vila pero eles quérense e viven en harmonía. El é un veterano da Primeira Guerra Mundial que agora se dedica a traballar a madeira con enorme talento. A nena, apaixonada polo canto e a música, coñece un verán a unha feiticeira que lle promete que, algún día, verá no ceo unhas velas escarlatas que a sacarán da súa vila. Juliette nunca deixa de crer nesta profecía. 

Marcello constrúe un marabilloso relato con tintes de fábula baseado libremente en O veleiro vermello, do novelista soviético Aleksandr Grin.

Mellor Dirección no Festival de Sevilla 2022
Quincena dos Realizadores de Cannes 2022

Hora

10 outubro, 2023 20:30 - 22:10(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra