MARTES DE CINECLUBE - MARTIN EDEN
Detalles do Evento
MARTIN EDENPietro Marcello, 2019, Italia, 129 min., VOSELingua: italiano Martin Eden é un mozo
Detalles do Evento
MARTIN EDEN
Pietro Marcello, 2019, Italia, 129 min., VOSE
Lingua: italiano
Martin Eden é un mozo mariñeiro de orixe modesta que entra en contacto coa burguesía napolitana. De maneira autodidacta, vai adquirindo unha vasta cultura literaria co fin de converterse en escritor e conseguir o éxito que lle permita situarse na mesma posición social cá muller da cal namora.
Martin Eden é unha adaptación libre da novela homónima de Jack London, que Marcello traslada ao contexto napolitano da primeira metade do século XX, desde onde dialoga coa historia italiana e as contradicións morais e políticas do seu tempo.
Giraldillo de Oro (Mellor Filme) no Festival de Sevilla 2019
Mellor Actor (Luca Marinelli) en Venecia 2019
Hora
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra