UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MATINÉS DO PRINCIPAL - LAGARTIJA NICK

04nov13:0014:15MATINÉS DO PRINCIPAL - LAGARTIJA NICKENTRADAS XA ÁVENDA EN ATAQUILLA.COM

adaptacions

Detalles do Evento

En esencia, a carreira de Lagartija Nick pódese definir con ese aforismo de Val del Omar: «Quen ama, queima. E o que arde voa á velocidade da luz. A banda de Antonio Arias desenvolveu unha carreira tan brillante como temeraria. Suicidáronse varias veces. E sempre cando as cousas lles ían ben. Abrazaron os extremos con paixón. Pisaron o acelerador contra a parede para subir co impacto. En 1991, o grupo, completado con Eric Jiménez na batería e o guitarrista Juan Codorniú, puxo as bases da súa linguaxe en Hipnosis, un dos discos de estrea máis emocionantes do rock español. Tensión electrificada. Vicio e paranoia na voz-pregón de Antonio Arias. Descargas de punk-rock artie, visionario e anfetamina. Ambientes futuristas. Flashes inquietantes.

Entradas xa á venda en Ataquilla.com e de non esgotarse unha hora antes na billeteira do Principal.

Hora

(Sábado) 13:00 - 14:15

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Organizado por

Servizo de Infraestruturas Culturais

986833061 Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Ver máis