UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Mercedes máis eu - espectáculo de música e danza de Mercedes Peón e Janet Novás

19feb20:30Mercedes máis eu - espectáculo de música e danza de Mercedes Peón e Janet Novás

Detalles do Evento

“Mercedes máis eu” é un traballo de colaboración da artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón no que ambas exploran as relacións particulares que existen entre “a súa danza e a súa música”. Entre instrumentos, lembranzas, cancións e bailes agroman conceptos en diferentes estados de latencia. Algúns deles, de gran contido socio-político, están presentes nos materiais, desde os “obxectos” musicais aos danzísticos ou biográficos, outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas, aparecen nos pulsos, os ritmos e os tons, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas. “Mercedes mais eu” mira cara o colectivo desde perspectivas e sensibilidades nada arquetípicas. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, unha aposta polo facer/saber artístico. A peza, en feminino, é un híbrido dancístico musical infestado de imaxes evocadoras e seccionada por cadros, o que permite habitar en diferentes arquitecturas ou marcos, desde contextos máis escénicos a outros máis instalativos ou museísticos.

Entradas á venda en a Ataquilla.com a un prezo de 8€+ gastos. (4€ para estudantes, desempregadxs e maiores de 65) e de non esgotarse, 1h. antes do espectáculo na billeteira do Pazo.

Hora

19 febreiro, 2022 20:30(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra