UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MITEU PONTEVEDRA - MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO 5-16 MAIO

05mai(mai 5)20:3016(mai 16)20:30MITEU PONTEVEDRA - MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO 5-16 MAIO5,7,9,14 E 16 DE MAIO ÁS 20.30H NO TEATRO PRINCIPAL

Detalles do Evento

O Teatro Principal acollerá entre o 5 e 16 de maio as cinco representacións que integran o programa da XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que permitirá coñecer tanto as montaxes das aulas e grupos dos tres campus da UVigo, como dous espectáculos chegados de Portugal e México. Promovida pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello, trátase dunha mostra con entrada gratuíta, que arrancará o vindeiro luns 5 cun espectáculo chegado desde a Universidade do Minho, para acoller dous días despois unha obra da artista mexicana Carla Novi. O venres 9 poderá verse unha montaxe das aulas de teatro de Ourense, mentres que o 14 de maio chegará o momento de coñecer a primeira obra do recentemente constituído grupo de teatro do campus pontevedrés, pechando a programación, o venres 16, a aula do campus de Vigo.

Entrada libre ata completar cabida.

Hora

5 maio, 2025 20:30 - 16 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Principal

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra