UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Mulleres e inspiración - Conferencia 'A MULLER NA MÚSICA. PERSPECTIVA HISTÓRICA E SITUACIÓN ACTUAL' con Isabel Pérez Dobarro

03xuñ20:0021:15Mulleres e inspiración - Conferencia 'A MULLER NA MÚSICA. PERSPECTIVA HISTÓRICA E SITUACIÓN ACTUAL' con Isabel Pérez DobarroEntrada libre ata completar cabida

Detalles do Evento

Dentro do programa Mulleres e inspiración, do 1 ao 5 de xuño poderedes gozar das seguintes actividades:

O 1 de xuño conferencia “O papel da muller na música para rapaces e maiores” da man da propia Judith, ás 20h. no Salón de Actos do Pazo da Cultura. Tamén o día 1 terá a lugar á instalación á entrada do Pazo da Cultura da mostra “Mulleres compositoras galegas”

O venres 3 de xuño a conferencia “A muller na música. Perspectiva histórica e situación actual”, tamén no Salón de Actos do Pazo ás 20h, correrá a cargo de Isabel Pérez Dobarro Isabel Pérez Dobarro, concertista afincada en Nova Iorque, desenvolve a súa carreira de concertos en Estados Unidos, España, Rusia, Bélxica, Arxentina, Italia e Portugal.

Ambas conferencias terán entrada libre ata completar cabida.

O sábado 4 de xuño, desta volta no auditorio do Conservatorio Manuel Quiroga, terá lugar entre as 10 e as 13h. a Masterclass “Mulleres compositoras. Repertorio de piano” da man de Isabel Pérez Dobarro.  Contará con 4 vacantes para alumnado activo e o restante como oínte ata completar cabida. Esta actividade, tamén de balde, si precisa de inscrición  previa en orquestra.ofcp@gmail.com mediante este formulario.

O domingo 5 terá lugar ás 19.30h. no Auditorio do Pazo da Cultura o broche do ciclo: o concerto “Mulleres e inspiración” que contará entre outras con 3 obras de estrea mundial. Serán WoOmen de Mario Diz, sobre un tema de Brahms adicado a Clara Wieck Schuman, El último adiós de Julia Dopico Vale e Lonxe do lar queridiño de Carmen Díez con arranxos de Benxamín Otero.

A directora será Clàudia Dubé Oranías, directora da Orquestra de Barcelona formada en Huelva, Roma, Madrid, Asunción e Viena, co Director Internacional Gerardo Estrada Martínez como mentor. Fundadora e directora titular da Orquestra Sinfónica de Mataró dende o ano 2015 e da Opera Pocket Orchestra dende o ano 2021, estreando Il Trovatore de Giuseppe Verdi en Igualada.

A formación musical, íntegramente feminina contará con Isabel Pérez Dobarro como Piano Solista e Judith Ray Iglesias como Frauta Solista.

As entradas estarán á venda a un prezo único de 5€ en Ataquilla.com a partir de mañá martes 10 ás 12h. e de non esgotarse, unha hora antes do inicio do concerto na billeteira do Pazo.

Hora

3 xuño, 2022 20:00 - 21:15(GMT+02:00)

Localización

Salón Actos do Pazo da Cultura

Alexandre Bóvedra s/n