UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Mulleres e inspiración - Masterclass 'Mulleres compositoras. Repertorio de piano' con Isabel Pérez Dobarro

04xuñ10:0013:00Mulleres e inspiración - Masterclass 'Mulleres compositoras. Repertorio de piano' con Isabel Pérez DobarroNO CMUS MANUEL QUIROGA CON INSCRICIÓN PREVIA

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Mulleres e Inspiración’ atópase esta masterclass impartida pola gran pianista de ámbito internacional Isabel Pérez Dobarro, dirixido a alumnado que teña gañas de mellorar a súa técnica e interpretación pianística e coñecer repertorio de mulleres compositoras para este instrumento. 𝐄 𝐀𝐃𝐄𝐌𝐀𝐈𝐒 𝐄́ 𝐆𝐑𝐀𝐓𝐔𝐈́𝐓𝐎! Prazo de inscrición do 5 ao 23 de maio. Límite de 4 prazas para alumnos/as activos/as. Para alumnos/as oíntes, as prazas serán ilimitadas ata completar aforo. 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐚𝐫𝐠𝐚 𝐚𝐪𝐮𝐢́ 𝐚 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧:https://bit.ly/Masterclass_Isabel_Perez e envía a orquestra.ofcp@gmail.com

Do 1 ao 5 de xuño poderedes gozar tamén das seguintes actividadas:

1 de xuño conferencia “O papel da muller na música para rapaces e maiores” da man da propia Judith, ás 20h. no Salón de Actos do Pazo da Cultura. Tamén o día 1 terá a lugar á instalación á entrada do Pazo da Cultura da mostra “Mulleres compositoras galegas”

O venres 3 de xuño a conferencia “A muller na música. Perspectiva histórica e situación actual”, tamén no Salón de Actos do Pazo ás 20h, correrá a cargo de Isabel Pérez Dobarro Isabel Pérez Dobarro, concertista afincada en Nova Iorque, desenvolve a súa carreira de concertos en Estados Unidos, España, Rusia, Bélxica, Arxentina, Italia e Portugal.

Ambas conferencias terán entrada libre ata completar cabida.

O domingo 5 terá lugar ás 19.30h. no Auditorio do Pazo da Cultura o broche do ciclo: o concerto “Mulleres e inspiración” que contará entre outras con 3 obras de estrea mundial. Serán WoOmen de Mario Diz, sobre un tema de Brahms adicado a Clara Wieck Schuman, El último adiós de Julia Dopico Vale e Lonxe do lar queridiño de Carmen Díez con arranxos de Benxamín Otero.

A directora será Clàudia Dubé Oranías, directora da Orquestra de Barcelona formada en Huelva, Roma, Madrid, Asunción e Viena, co Director Internacional Gerardo Estrada Martínez como mentor. Fundadora e directora titular da Orquestra Sinfónica de Mataró dende o ano 2015 e da Opera Pocket Orchestra dende o ano 2021, estreando Il Trovatore de Giuseppe Verdi en Igualada.

A formación musical, íntegramente feminina contará con Isabel Pérez Dobarro como Piano Solista e Judith Rey Iglesias como Frauta Solista.

As entradas estarán á venda a un prezo único de 5€ en Ataquilla.com e de non esgotarse, unha hora antes do inicio do concerto na billeteira do Pazo.

Hora

4 xuño, 2022 10:00 - 13:00(GMT+02:00)