UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Carne reúne cinco fragmentos, titulados “crúa, pouco feita, ao momento, feita e moi feita”. Cinco relatos narrados por outras tantas mulleres que afondan en cinco
Carne reúne cinco fragmentos, titulados “crúa, pouco feita, ao momento, feita e moi feita”. Cinco relatos narrados por outras tantas mulleres que afondan en cinco fases da vida, da nenez á vellez, todos centrados na relación co seu corpo. Cada un deles é ilustrado cunha proposta estética ben diferenciada que, iso si, privilexia sempre a vertente máis artística, experimental e artesanal da animación. Hai pintura animada, stop motion, preciosa animación con acuarelas…
Á proxección e posterior coloquio, asisitirán a produtora do documental, Chelo Loureiro e a compositora Sofía Oriana, ambas galegas.
Entrada de balde ata completar cabida.
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.