UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MÚSICA PARA RECREAR

12nov20:0021:00MÚSICA PARA RECREAREntrada libre ata completar cabida

Detalles do Evento

Da man da Vicerreitoría do Campues de Pontevedra.

Entrada libre ata completar cabida.

Abril é un grupo de música folk formado por dúas mozas da contorna viguesa:

Marina Carpente ao violín e coros.

Claudia Abril voz e percusións.

O seu son bebe da música de raíz, coa que crean novas melodías combinando voz e distintos instrumentos.

As diferentes influencias musicais conflúen no seu repertorio, que inclúe melodías tradicionais galegas arraigadas e mesturadas con ambientes sonoros máis actualizados. Para iso empregan arranxos de violín con influencias americanas u europeas, así coma percusións ibéricas máis tradicionais. Tamén empregan a voz como fío conductor que acompaña, á sua vez, con harmonías modernas.

Hora

12 novembro, 2026 20:00 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura