UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Este ciclo de cine mudo con música en directo corre a cargo de Caspervek, proxecto liderado por Brais González que se converteu nunha das referencias europea dos cine-concertos,
Este ciclo de cine mudo con música en directo corre a cargo de Caspervek, proxecto liderado por Brais González que se converteu nunha das referencias europea dos cine-concertos, con máis de 200 actuacións en 14 países do continente. O catálogo de bandas sonoras de Caspervek inclúe máis de 30 longametraxes e varias ducias de curtas. As bandas sonoras de Caspervek combinan elementos da música clásica, do jazz, da electrónica, do folk ou da música contemporánea. Todo cun obxectivo: achegar o cine mudo a todos os públicos! Entrada libre ata completar cabida.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.