UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

MUSICAL OS MISERÁBEIS - IES ILLA DE ONS

16xuñ18:3020:00MUSICAL OS MISERÁBEIS - IES ILLA DE ONSEntradas no IES Illa de ONS e unha hora antes na billeteira

Detalles do Evento

Miserábeis é un proxecto de centro interdisciplinar que aposta pola aprendizaxe cooperativa, competencial, dende unha óptica feminista e en lingua galega, artellado a partir da posta en escena dunha obra de teatro musical para o alumnado de entre 12 e 16 anos, como procedemento para educar na igualdade e nas competencias de carácter intelectual e socioemocional.

 O musical Miserábeis presenta unha adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Victor Hugo. Esta historia que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Convértese así nun medio adecuado para conseguir a integración dos contidos e de experiencias curriculares, pois como espectáculo que emprega as cancións e o movemento para explicar o argumento, reúne a posibilidade de expresarse a través de distintas linguaxes: a música, a danza e o diálogo falado en lingua galega, os cales deben estar ben entrelazados e integrados entre si.

Entrada en calidade de doazón para a financiación do proxecto á venda no IES Illa de Ons e na billeteira do Pazo unha hora antes do inicio

Hora

16 xuño, 2024 18:30 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura