‘NEVERMORE’ de Chévere
Detalles do Evento
Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional-Teatro María Guerrero estreada en setembro de 2021, esta obra é unha viaxe emocional e documental á catástrofe
Detalles do Evento
Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional-Teatro María Guerrero estreada en setembro de 2021, esta obra é unha viaxe emocional e documental á catástrofe do Prestige.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.
Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo xeral de 8€ (reducido 4€ para estudantes, desempregados e maiores de 65)
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura